Tuesday 21 de May de 2024

Entregados os premios da IV Edición do Cirtuito de Carreiras Saudables CorreSan


Na gala de entrega de premios, celebrada ás 20.00 horas no Auditorio de Galicia, estiveron presentes o alcalde da cidade e a concelleira de Deportes

A IV Edición do Circuito de Carreiras Saudables CorreSan chega á súa fin coa entrega de premios, que se produciu nunha gala celebrada no Auditorio de Galicia.

Na gala estiveron presentes o alcalde da cidade, Martiño Noriega, e a concelleira de Deportes, Noa Morales. Entre os premiados destacan, Rubén Caamaño, Amador Pena e Cristian Muiño na categoría xeral masculina e Jessica Inés Muiños, Vanessa Lafuente, Ana Fiestras e Tania Silvelo, na categoría xeral feminina, entre outras categorías.

Tamén se entregaron os premios a nivel colectivo, entre os que destacan o Club Atletismo Millaraio e Atletismo Fontes do Sar, dentro da categoría de clubes federados femininos. Na categoría de equipos federados masculinos os premios foron para o Club Atletismo Santiago, Noitebra FC Atletismo e Atletismo Fontes do Sar.